freehire launches on Product Hunt on 26 August.

Follow →

Responsable de Recepción e Administración (Perfil Tecnolóxico)

Open 35d

Summary

Manages front-desk and administrative duties for a music school in Santiago de Compostela, handling family inquiries, digital tools, and event coordination in a creative environment.

Responsable de Recepción e Administración (Perfil Dixital) · Media xornada · Santiago de Compostela Traballa rodeado/a de música todos os días En A Casa do Rock levamos máis de 15 anos demostrando que aprender música pode ser unha experiencia diferente. Somos unha das escolas de música con máis alumnado de Galicia, cun equipo de máis de 20 profesionais e centos de actividades ao longo do ano: clases, concertos, eventos, campamentos, estudo de gravación, tenda e proxectos para empresas. Traballamos nun ambiente creativo, novo e en constante evolución, onde buscamos mellorar continuamente a forma de facer as cousas. Agora queremos incorporar unha persoa que queira crecer con nós. Se che gustaría traballar rodeado/a de música, formar parte dun equipo dinámico e participar nun proxecto con moito movemento e novos retos cada semana, este pode ser o teu sitio. Datos do posto Santiago de Compostela Media xornada de tarde, de luns a venres, con dispoñibilidade para algún sábado pola mañá segundo a programación da escola. Incorporación inmediata. O teu día a día Serás unha das persoas de referencia da escola e a primeira cara e voz para moitas familias. Entre as túas funcións estarán: Ser a primeira cara e voz da escola, atendendo ao alumnado e ás familias tanto de forma presencial como a través de teléfono, correo electrónico e outras canles dixitais. Levar a xestión administrativa da escola e manter organizada a documentación, os protocolos e as bases de datos. Xestionar e optimizar os procesos dixitais internos mediante ferramentas de organización e colaboración. Facer seguimento das tarefas e proxectos do equipo para asegurar unha boa coordinación entre as distintas áreas da empresa. Actualizar a web e outros sistemas internos da organización. Apoiar na organización de concertos, eventos, actividades e proxectos da escola. Detectar oportunidades de mellora e propoñer novas formas de traballar que fagan a organización máis eficiente. Aquí ningún día é igual ao anterior. O perfil que buscamos Buscamos unha persoa organizada, resolutiva, responsable e con iniciativa. Con capacidade para comunicarse ben, tratar con persoas e sentirse cómoda nun entorno dinámico onde suceden moitas cousas ao mesmo tempo. Buscamos un perfil dixital, con autonomía para traballar desde o primeiro día con ferramentas de organización, planificación e xestión. Requisitos imprescindibles Experiencia en atención ao público. Experiencia en tarefas administrativas. Excelente competencia dixital. Experiencia demostrable no uso de Notion, Asana e Wordpress Boa comunicación oral e escrita en galego. Capacidade de organización e planificación. Trato próximo e profesional con familias, nenos/as e persoas adultas. Capacidade para traballar en equipo. Valorarase especialmente Google Workspace. TokApp. ChatGPT e outras ferramentas de Intelixencia Artificial. Ferramentas de automatización de procesos. Experiencia en mellora de procesos e organización interna. Interese polo mundo da música. Que ofrecemos Contrato indefinido a media xornada (con posibilidade de ampliación) Horario estable de tarde, de luns a venres. Algún sábado pola mañá segundo a programación da escola. Incorporación inmediata. Salario líquido de 800€/mensuais, con posibilidade de mellora segundo a experiencia, os coñecementos e a responsabilidade asumida. Formación continua. Posibilidade de crecer profesionalmente dentro da organización. Excelente ambiente de traballo. Formar parte dun proxecto consolidado, innovador e en constante evolución, onde a música forma parte do día a día. Como enviar a túa candidatura Se cres que este posto é para ti, envíanos: O teu CV actualizado. Unha pequena presentación explicándonos quen es, que experiencia tes con Notion, Asana e WordPress e por que che gustaría formar parte do equipo de A Casa do Rock. ********************

See also

Tailor your CV for this role?

We couldn't check your fit for this role — add a CV to your profile to see it next time.

A new version of freehire is available